Daniel Martínez i Ferrando
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1887 Valencia, España |
Morte | 1953 (65/66 anos) Palma, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio Xeral de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Irmáns | Eduard Martínez Ferrando Ernest Martínez Ferrando |
Daniel Martínez i Ferrando, nado en Valencia o 6 de outubro de 1888 e finado en Palma o 8 de xaneiro de 1953, foi un escritor valenciano, irmán dos tamén escritores Eduard Martínez i Ferrando e Jesús Ernest Martínez Ferrando.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da Joventut Valencianista, chegou a ser membro da súa directiva en 1910. Colaborou coas revistas valencianas Terra Valenciana, Pátria Nova e D'Ací i de d'Allà. En 1916 logrou a cátedra de inglés na Escola Profesional de Comercio das Palmas de Gran Canaria; ao ano seguinte obtivo o traslado a Vigo e en 1921 a Palma. En 1920 ingresou na loxa masónica España Democrática.
O Tribunal de Responsabilidades Políticas xulgouno ao rematar a guerra civil española e condenouno a tres anos de prisión polas súas ideas de esquerda e por pertenza á masonería; pasou nove meses na prisión de Porlier (Madrid) e o resto en Burgos. Unha vez liberado en 1942 volveu a Palma, mais non o readmitiron na súa cátedra ata uns poucos meses antes de morrer.
A súa poesía recibiu unha forte influencia do modernismo catalán, converténdose nun dos renovadores da poesía valenciana[1] fronte á xeración anterior, que tiña como máximo representante a Teodor Llorente. A súa conferencia "Renaixement. Moment actual de la poesia valenciana" lida en Lo Rat Penat en 1909 converteuse nun auténtico manifesto pola renovación da poesía e a a asunción das correntes poéticas modernas que se desenvolvían na época no resto de Europa. Así e todo a súa lírica evolucionou cara a unha poesía máis persoal, de carácter simbólica e paixasista. Fóra da novela Las brujas en castelán publicou libros de viaxes e mais un ensaio.
Obras
[editar | editar a fonte]- Escumes (1936), que reuniu a súa obra en catalán:
- La cançó de l'isolat (1911)
- Vora la mar del Nord (1915)
- Visions de l'Horta (1916)
- Solidaridad y Regionalismo (1908)
- A través de Galicia (1922, con prólogo en galego de Antón Villar Ponte)[2]
- Guía sentimental de Mallorca (1925)
- Las brujas (1925, novela)
- Ciudades islámicas (1927)
- Ciudades marroquíes. A través del Magreb (1928)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Daniel Martínez i Ferrando Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. en Memoria Valencianista da Fundación Josep Irla (en catalán).
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. p. 197. ISBN 978-84-9121-304-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Poemes de Daniel Martínez i Ferrando
- Santi Cortés Carreres València sota el règim franquista (1939-1951) Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 1995